Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os nenos do barrio vigués de Cabral cantan os Reis na residencia de maiores

Os nenos do barrio vigués de Cabral cantan os Reis na residencia de maiores

No CEIP O Sello recuperan esta estampa moi típica do Nadal en Galicia, a dos nenos cantando ás portas das casas para pedir o aguinaldo

G24.gal 16/12/2024 15:01

Hai 50 ou 60 anos, cando xuntarse para cantar os reis era habitual, non había tantos cornos de reno, nin gorros de Papá Noel, pero polo demais, nada era moi diferente do que se sucedeu esta mañá no barrio vigués de Cabral: ensaios con preferencia para as coplas máis satíricas, percorrido para pedir o aguinaldo no comercio local e pouco a pouco ir xuntando para unha merendola.

"Estamos asimilando tradicións doutras culturas e tamén é importante que os nenos coñezan as tradicións propias", declarou Sabela Fernández, mestra de Música do CEIP O Sello de Cabral.

A visita máis agardada era á residencia de maiores, na que houbo moita química co público grazas aos recordos dos cantos dos reis da súa propia nenez. 

Cando remataron, os nenos despedíronse cun enorme tren que acabou na porta cun merecido aguinaldo e a promesa de volver o ano que vén. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar