Cargando resultados...
A Xunta destina máis dun millón de euros á residencia para persoas con discapacidade Xoan VIII
A Xunta destina máis dun millón de euros á residencia para persoas con discapacidade Xoan VIII
Alfonso Rueda estivo na inauguración oficial da primeira residencia de Pontevedra para persoas con discapacidade intelectual
Conta con 24 prazas públicas para residentes e 11 para o centro de día
G24.gal
18/12/2024 20:50
A residencia da Asociación Xoán XXIII acaba de abrir as súas portas. É a primeira de Pontevedra que atende persoas con discapacidade intelectual. Conta con 24 prazas públicas para residentes e 11 para o centro de día.
O Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que "despois de concertar todas as prazas da residencia, no 2025 se van asumir as 6 prazas que faltan do centro de día".
Entre a construción, o equipamento e o financiamento das prazas, a Xunta destina máis dun millón de euros á posta e marcha desta residencia.