O día máis curto do ano, o do solsticio de inverno
O día máis curto do ano, o do solsticio de inverno
Desde o 21 de decembro os días comezan a medrar polas tardes
De aquí a primeiros de febreiro gañaremos unha hora máis de luz
Esta mañá entrou o inverno astronómico, que non o climatolóxico. Ese xa empezou a primeiros de mes e deixou días de frío e xeada. A de hoxe é a xornada con menos horas de sol do ano, pero aínda imos tardar en ver como medran os días.
"Isto trae consigo que a duración do día sexa moi curta, arredor de 9 horas, e unha noite moi longa. A partir de hoxe pouco a pouco van ir aumentando os días polas tarde, sendo ocaso máis tarde. Pero os días non aumentan porque polas mañás amence tamén máis tarde", explica Ana Lage, meteoróloga de MeteoGalicia
Ata os Reis non notaremos máis tempo de luz solar e como di a tradición popular, para o 3 de febreiro, que é San Brais, xa teremos unha hora máis. No climatolóxico o que se agarda é unha baixada de temperaturas.
"Ao ser as noites máis longas, é a época en que, en condicións anticiclónicas, como as que tivemos a semana pasada e a que vén, nas zonas de interior é moi frecuente o fenómeno das xeadas", di Ana Lage, meteoróloga de MeteoGalicia
A friaxe é a que volverá para a semana para que sintamos que o inverno está xa por completo no hemisferio norte.