Alerta laranxa no litoral da Coruña e Lugo, e o domingo chega o frío polar con neve por enriba dos 1.000 metros
Alerta laranxa no litoral da Coruña e Lugo, e o domingo chega o frío polar con neve por enriba dos 1.000 metros
Alerta laranxa no litoral da Coruña e Lugo, e o domingo chega o frío polar con neve por enriba dos 1.000 metros
Chega a Galicia unha masa de aire frío polar que trae chuvia e temperaturas baixas. Moitas vilas non chegarán aos 10 graos de temperatura máxima.
Alerta vermella por nevaradas no Pireneo oscense e no Val de Arán
A cota de neve situase arredor dos 1000 metros. A DXT recomenda levar cadeas e pneumáticos de inverno e consultar previsión antes de emprender a viaxe nas zonas de montaña
Decembro empeza cunha cara ben distinta á de novembro. O mes pasado foi seco e rexistrou temperaturas medias máis cálidas do normal pero esta ponte festiva vai estar caracterizada polo frío e a chuvia.
"A partir desta noite entra unha fronte que arrastra aire frío. Ademais o anticiclón móvese cara ao norte formando un corredor de ventos que achegará aire de orixe polar marítimo", afirma Carlos Otero, de Meteogalicia.
Chega a Galicia unha masa de aire frío polar que trae chuvias e temperaturas baixas. O domingo, o termómetro de moitas vilas de Galicia non acadará os 10 graos. E nalgúns puntos da montaña de Lugo e Ourense mesmo baixará a valores negativos. En Calvos de Randín, por exemplo, oscilará entre os -1 graos e os 4 graos, unha temperatura semellante á que terán en San Petersburgo.
En Galicia o ceo estará nubrados e poderán dar lugar a brumas e bancos de néboa illados durante a madrugada. Precipitacións xeneralizadas débiles ou moderadas tendendo a remitir na fachada atlántica pola tarde e menos probables e intensas en zonas baixas de Lugo e o suroeste.
As temperaturas irán en descenso xeneralizado, menos acusado nas máximas no litoral atlántico. Os valores mínimos rexistraranse ao final do día, cando se esperan xeadas débiles e dispersas en cotas altas de montaña do suroeste.
Alarta laranxa no litoral de Coruña e Lugo
O vento do suroeste virando pronto a norte; no interior frouxo con intervalos moderados e refachos fortes en cotas altas; no litoral de moderado a forte. A Xunta activou para estes sábado a alerta laranxa por vento costeiro no litoral de Coruña e Lugo.
Na seu comunicado, a Xunta incide "na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese".
Hai avisos nivel amarelo e laranxa de Meteogalicia para mañá por mar de vento e olaje na costa das provincias da Coruña e Lugo, cun corredor do vento do nordeste que alcanzará forza 7 e ondas que superarán os 5 metros no litoral norte
Como vemos na animación do modelo, a fronte desta noite traerá chuvias a #Galicia dende o noroeste, estendéndose ao resto do territorio durante a madrugada. Tras a fronte, o resto do sábado será de chuvascos máis activos na metade norte. Serán de neve a partir de 1000 metros. pic.twitter.com/FsKoPNkOFe
— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) December 6, 2024
Alerta vermella por neve no Pireneo oscense e no Val de Arán. En Galicia, primeiras nevaradas por enriba dos 1.000 metros.
A cota de neve situarase arredor dos 1.000 metros tanto o sábado como o domingo. Os chuvascos que caian nos puntos máis altos das provincias orientais poderán ser en forma de neve.
A Dirección Xeral de Tráfico alerta da posibilidade de nevaradas nas autovías de entrada e saída a Galicia, especialmente na A-6 e na A-52, as que comunican a comunidade coa Meseta.
Tráfico recomenda levar cadeas e pneumáticos de inverno se se prevé circular por elas e consultar previsión antes de emprender a viaxe.
A situación atmosférica mantense a semana que vén. Chuvascos, aire frío e temperaturas baixas.
Tempo en España
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) prevé para este sábado o inicio dun episodio invernal cunha masa de aire ártica que traerá descensos notables de temperatura, vento do noroeste forte, e nevadas con acumulacións significativas no Cantábrico e Pireneos. De feito a AEMET lanzou unha alerta vermella por neve no Pireneo oscense e no Val de Arán.
🔴AVISO ROJO | Nevadas muy copiosas en el Pirineo navarro y oscense, así como en el valle de Arán.
— AEMET (@AEMET_Esp) December 6, 2024
❄️Nevará a partir de 800 metros el sábado y de 600 metros el domingo.
→ Podrían acumularse más de 40 centímetros de nieve en 24 horas a partir de 1200 metros. ¡Mucha precaución! pic.twitter.com/HHYTrAKKPI
Este aviso vermello da AEMET en Navarra, Huesca e Lleida é pola acumulación de 40 centímetros de neve en 24 horas en zonas por encima de 1.200 metros, xa que entre os 800 e 1.200 as cantidades acumuladas serán inferiores. A AEMET mantén este aviso vermello tamén para o domingo.
Trátase dunha fronte fría asociada á borrasca Darragh en profundización sobre o centro de Europa que afectará sobre todo o norte peninsular, deixando abundante nebulosidade con precipitacións en boa parte do terzo norte e montañas do centro e leste, así como no norte do arquipélago balear ao final do día.
O vento do norte azoutará con forza Mallorca, Tarragona, Xirona, Lleida, Castelló, Huesca, Teruel, e Zaragoza con refachos de ata 90 quilómetros/hora, que poderían ser localmente superiores, ata o 120 km/h, en cotas altas. O forte vento vén acompañado de mala mar na Coruña, Asturias, Cantabria, Guipúscoa, Viscaya, Xirona, Tarragona, Castellón, Eivissa, Formentera, Mallorca, e Menorca, con ondas que poderían chegar a 6 - 7 metros nalgúns casos.
No resto do país non se esperan precipitacións, con predominio de ceo pouco nubrado ou con intervalos de nubes medias e altas. Así mesmo, prevese abundante nebulosidade baixa matinal en amplas zonas da vertente atlántica e en depresións do nordeste, con probables néboas matinais densas e persistentes en zonas baixas do leste da meseta Sur e na meseta Norte.
A partir de mañá domingo a masa de aire frío estenderase ao resto da Península e Baleares, provocando un descenso térmico xeneralizado, que será notable en zonas amplas.