Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno activa o Plan Invernal, que mobiliza a 104 quitaneves en Galicia

O Goberno activa o Plan Invernal, que mobiliza a 104 quitaneves en Galicia

Inclúe a reserva de 20.000 toneladas de sal e de 3,2 millóns de litros de salmoira

Imaxe dun quitaneves
G24.gal 04/12/2024 16:01

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e a subdelegada do Executivo na Coruña, María Rivas, presentaron este mércores no Centro de Conservación do concello coruñés do Pino o Plan Invernal da Rede de Estradas do Estado, que reserva para Galicia 104 máquinas quitaneves.

O plan inclúe a reserva de 20.000 toneladas de sal e de máis de 3,2 millóns de litros en depósitos de salmoira para facer fronte ás inclemencias meteorolóxicas ata o próximo 30 de abril.

Trátase, tal e como explicaron, dun operativo anual do Ministerio de Transportes que incide nos máis de 2.400 quilómetros de estradas de titularidade estatal en Galicia e no que tamén colaboran departamentos como a Axencia Estatal de Meteoroloxía, a Dirección Xeral de Tráfico ou as forzas e corpos de seguridade.

Blanco apelou ao apoio cidadán ao sinalar que toda a poboación ten que prestar "atención ás condicións dos vehículos e adaptar o modo de conducir á situación das estradas e do clima fronte aos meses de inclemencias meteorolóxicas que temos por diante".

A provincia da Coruña contará con 17 quitaneves, a de Lugo con 45, a de Ourense con 22 e a de Pontevedra con 11, mentres que as toneladas de sal a almacenar serán 2.190 na Coruña, 9.350 en Lugo, 4.424 en Ourense e 2.050 en Pontevedra.

A AP-9, como arteria principal que une o norte e o sur da comunidade autónoma, dispoñerá dunha reserva de sete máquinas quitaneves, 1.535 toneladas de sal e 33.000 litros de salmoira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade