Sáelle a pagar case un millón de euros por unha multa da ORA a unha muller en Ourense
Sáelle a pagar case un millón de euros por unha multa da ORA a unha muller en Ourense
As sancións deste tipo adoitan ser de 60 euros
En Ourense, unha hostaleira da cidade aínda non foi quen de recuperarse do susto, xa que cando ía pagar unha multa da ORA, no canto dos 60 euros da sanción, a cifra ascendía case a un millón de euros.
Neste tempo non lle puxeran nin unha soa multa e foi precisamente o seu home o que se encargou de pór o tícket o día que a sancionaron.
"Estaba chovendo moito e metinllo así un pouco apurado e ao pechar a porta deuse a volta. (...) Podiamos reclamar, pero acabaríamos pagando a completa e era mellor pagala en plazo e pagar a metade", explicaba o marido da multada.
E por iso cando lles chegou a multa non dubidaron en pagala e cando meteron o código de barras apareceulles unha débeda de case un millón de euros, levando "un susto de morte".
Tras o shock inicial, intentou arranxar o erro póndose en contacto co servizo de recadación do Concello.
"Creo que é a multa máis cara da historia de aparcamento. Espero que atopen una solución o antes posible e arranxar o tema, que non é unha broma", comentaba Teresa Silva.
Un servizo da ORA que, segundo anunciou o alcalde, deixará de estar operativo en Ourense a partir do 1 de xaneiro.