Temor a un colapso de tráfico en Melide pola apertura da A-54 desde Palas
Temor a un colapso de tráfico en Melide pola apertura da A-54 desde Palas
Para coller o ramal da autovía, os vehículos terán que atravesar o centro da vila
O Concello propón agardar a que se complete a autovía en Arzúa e abrir conxuntamente
800 camións e 7.000 turismos atravesan a diario o centro de Melide. Unha conxestión que podería ir a peor coa posta en marcha da A-54 desde Palas.
Coches e camións terán que circular pola rolda de Pontevedra para coller o novo ramal, situado a quilómetro e medio da vila. O temor é que se forme un colo de botella nunha arteria chea de servizos.
A recente mellora da rotonda, coa eliminación das illas, facilita o xiro dos camións. Así e todo, para algúns, a medida é insuficiente para evitar o colapso.
O Concello está á espera de coñecer as solucións que propón o Ministerio de Transportes. Desde a alcaldía consideran que o mellor é agardar a que se complete a autovía en Arzúa, e abrir conxuntamente os dous tramos. E senón, abrir xa en Melide pero obrigando a que o tráfico pesado vaia coller a autovía a Palas pola estrada vella.