Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os produtos 'delicatessen' galegos gozan cada vez dunha maior demanda nas cestas de Nadal

Os produtos 'delicatessen' galegos gozan cada vez dunha maior demanda nas cestas de Nadal

Tamén aumentou o valor dos artigos presentes nestes agasallos

Detalle dunha cesta con produtos do país
Félix Aragunde 04/12/2024 14:51

Os produtos galegos teñen cada ano un maior peso nas festas do Nadal. Así o sinalan nas tendas gourmet, onde se encontran en plena campaña de confección de cestas.

Viños como albariños ou godellos, vermús e mais licores son as bebidas máis demandadas, mentres que os queixos, as conservas ou unha ampla variedade de doces tamén adoitan estar presentes nestes agasallos.

Non só aumentou a demanda de produtos delicatessen galegos, senón tamén o valor dos artigos presentes en cada entrega. É o caso dun godello de 500 euros ou dun albariño criado no mar. De feito, estes obsequios poden chegar a sumar ata miles de euros nunha soa cesta.

Dende o sector, destacan tamén que a campaña das cestas de Nadal se adiantou varias semanas con respecto aos últimos anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos