Publicador de contidos
Publicador de contidos

A moda dos "brunch" arrasa en toda Galicia

A moda dos "brunch" arrasa en toda Galicia

Os almorzos serodios e contundentes teñen cada vez máis adeptos

G24.gal 01/12/2024 14:42

Dacabalo entre o almorzo e o xantar os brunchs teñen cada vez máis adeptos en Galicia, onde temos cada vez máis estranxeiro, sobre todo, portugueses que fan os xantares antes ca nós.

Erguerse tarde e con poucas ganas de comer forte e con demasiadas para un almorzo simple, é un problema que se soluciona cun brunch.

Os amantes dos almorzos contundentes ou salgados tamén teñen unha boa opción no brunch.

A moda esixe un inxente esforzo dos hostaleiros porque implica ter a cociña aberta moitas horas seguidas e con múltiples opcións.

Pero Emilia que rexenta La Emilia Brunch en Fragoso apunta que o mundo da restauración está cambiando, os horarios son máis flexibles e a xente opta cada vez máis por opcións máis saudables. Xa non cabe aquilo de "destas horas está a cociña pechada ou xa non poñemos cafés".

Emilia tamén considera que o xeito de comer está cambiando, apostando por produtos máis naturais e sans e comidas menos longas e copiosas, e co turismo estranxeiro os horarios de xantar tamén son cada vez máis variados por iso tamén ofrecen o drunch ou cea temperá, a vella merendacea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos