Publicador de contidos
Publicador de contidos

Publícase un novo receitario de 'Cociña de a bordo'

Publícase un novo receitario de 'Cociña de a bordo'

Os chefs do restaurante Maruja Limón foron este ano os encargados de elaborar as receitas

G24.gal 03/12/2024 15:18

Esta mañá puidemos ver no porto de Vigo dous chefs con estrela Michelin cociñando a bordo dun dos barcos do grupo Pereira. Presentaron as súas propostas culinarias para o novo receitario de Cociña de a bordo, que dende hai 19 anos publica a empresa para poñer en valor o patrimonio gastronómico das xentes do mar que se basea nunha recompilación de elaboracións feitas cos produtos conxelados que a empresa Pereira pesca nos caladoiros do Atlántico.

Dende entón cada receitario ten unha temática diferente e, coincidindo co 70 aniversario da empresa, este ano facerlle unha homenaxe á cidade onde naceron, por iso levaron á cociña dun dos seus barcos os chefs do primeiro restaurante de Vigo en conseguir unha estrela Michelin.

"Son receitas que collemos da cociña tradicional, démoslle un novo enfoque e (...) fixemos esta colaboración", explicou Inés Abril, cociñeira do Maruja Limón.

A pescada, o polbo, o gambón e a lura son os protagonistas das 12 elaboracións que se presentan en forma de calendario, propostas todas moi sinxelas para facer na casa.

Ademais, hoxe foi un día especial para Óscar, o cociñeiro do barco, que en breve partirá para o caladoiro das Malvinas, agora cunhas propostas de categoría Michelin que de seguro agradecerá toda a tripulación á hora de xantar.

"Mirei todo o receitario deles para ver se podo aproveitar algo para o barco", asegurou Óscar Fernandez, cociñeiro do Argos Cíes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos