Publicador de contidos
Publicador de contidos

Maiores que viven sos aprenden trucos de cociña cos chefs do Grupo Nove

Maiores que viven sos aprenden trucos de cociña cos chefs do Grupo Nove

O obradoiro 'Receitas de Vida' celebrouse en oito localidades de xeito simultáneo

Busca que os maiores de 60 se animen a cociñar con receitas rápidas e saudables

G24.gal 02/12/2024 14:47

Nunca é tarde para aprender trucos de cociña e menos cando os mestres son chefs da categoría de Lucía Freitas ou Juan Crujeiras.

"Pódese tomar non só como unha obriga, a de alimentarse ben, senón tamén como un xeito de divertirse, de pasar a mañá cociñando para gozar", explica Juan Crujeiras, cociñeiro do Restaurante Bido, da Coruña.

"Cando vives soa atopas menos estímulo para cociñar ou para esmerarte, isto anima", di Amelia, unha das alumnas.

Animan a que maiores de 60 anos que viven sós se lancen aos fogóns con receitas sinxelas e tremendamente rápidas, nas que as conservas e os microondas son aliados fundamentais.

 "Por exemplo, ensinamos todo o que se pode facer cun bote de garavanzos en conserva ou como poden acurtar tempos se meten a cocer as patacas no microondas", comenta Oliver Sambad, un nutricionista que tamén participa na actividade.

"Valoro a rapidez, desde que estou xubilada teño a sensación de ter menos tempo que cando traballaba", explica Toña, outra alumna do obradoiro.

"Ás veces estás cansa, comes un anaco de pan e queixo e punto, isto dá ideas e anima", engade Amelia.

Aprenden tamén trucos, como a lactonesa, unha maionesa sen ovo para evitar intoxicacións e catan ingredientes tan saudables como descoñecidos.

"Aprendín cousas interesantísimas. Anotei o da cúrcuma, non o sabía, e aprendín a non reutilizar máis de dúas veces o aceite de fritir"

"Coñeces produtos novos, como unha cabaza que se come con pel moi curiosa", din as alumnas.

Cociña para un envellecemento activo da que puideron gozar máis de 200 maiores en obradoiros simultáneos celebrados en oito localidades galegas da man dos cociñeiros do Grupo Nove.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos