Dous veciños da Coruña, detidos por roubar ferralla da autovía en Melide
Dous veciños da Coruña, detidos por roubar ferralla da autovía en Melide
Recuperáronse efectos por un valor de 2.000 euros
A Garda Civil de Santiago de Compostela detivo dous homes como presuntos autores dun delito de furto.
Un responsable da empresa adxudicataria das obras da autovía A-54 no tramo Melide-Arzúa comunicou o roubo de diverso material de obra e ferramentas dun dos seus depósitos.
A Garda Civil iniciou unha investigación, encadrada no Plan nacional para a loita contra o roubo de metais, ao obxecto de constatar a veracidade dos feitos, lograr a identificación plena de autores e a recuperación dos efectos subtraídos.
No transcurso da investigación fixeron diversas inspeccións ás diferentes empresas de ferralla da provincia.
No transcurso dunha delas, os axentes observaron unha furgoneta branca que abandonaba as instalacións con evidentes signos de circular con sobrecarga, procedendo á súa detención para a comprobación da mercadoría que portaba.
Durante a inspección os gardas civís constataron que parte da mercadoría transportada presentaba as mesmas características técnicas que os efectos subtraídos na autovía A-54.
Solicitáronlles a estas dúas persoas a documentación que amparase a mercadoría e o motivo da súa saída do almacén de ferralla con ela, comunicando estas que carecían da devandita documentación e que ese era o motivo polo que os responsables da instalación almacén rexeitaran a súa compra.
A Garda Civil procedeu á detención dos dous homes como presuntos autores dun delito de furto e á incautación dos efectos achados, os cales foron reintegrados aos seus lexítimos propietarios.
As actuacións realizadas pasaron ao Xulgado de Instrución de garda de Arzúa.