O caos apoderouse do tráfico en Valencia e decenas de estradas seguen cortadas
O caos apoderouse do tráfico en Valencia e decenas de estradas seguen cortadas
Houbo ata 35 quilómetros de atascos entre todas as vías da área metropolitana
Segue sen operar a alta velocidade con Madrid e están pechadas tres liñas de proximidades
Sexto día de traballos de limpeza e desentullo de vivendas e rúas
Nas estradas o principal problema está nunha das principais vías de comunicación, na A-7 que conecta Valencia con Alacant. O viaduto que colapsou nesta infraestrutura mantén cortada a circulación en ambos sentidos. O Ministerio de Transportes e a Generalitat traballan nun plan alternativo que permita abrir esta vía na súa totalidade.
A que xa está despexada é a A-3 entre Valencia e Madrid que volve estar aberta ao tráfico. Mentres na rede secundaria hai decenas de estradas estragadas especialmente ao seu paso polos municipios máis afectados. As conexións ferroviarias tamén resultaron gravemente danadas e seguen os traballos nas vías do AVE na súa conexión coa capital que poderían estar rematados en dúas semanas.
Afectan especialmente os estragos nas liñas de proximidade, moi utilizadas polos usuarios para ir traballar. A C1, A C2 e a C3 terán que ser reconstruídas na súa totalidade. No primeiro luns despois da traxedia colapsáronse as estradas de acceso a Valencia con retencións de ata 35 quilómetros.