Cargando resultados...
Alcaldes do Pacto de Pedre esixen unha reforma integral da N-541
Alcaldes do Pacto de Pedre esixen unha reforma integral da N-541
Queren que se arranxe toda a vía cun investimento importante e non só parches
G24.gal
06/11/2024 15:37
Última actualización 06/11/2024 17:23
Alcaldes de distintas cores políticas, pero unidos polo Pacto de Pedre e por unha reivindicación común: unha intervención integral da N-541. Consideran que as obras que se levan a cabo son só parches.
Xuntáronse a raíz do tráxico accidente de autobús de 2022 en Cerdedo-Cotobade e dende entón seguen elevando a voz para esixirlle ao Goberno central medidas para evitar a alta sinistralidade nesta vía. Unhas malas condicións da calzada que sofren os condutores a diario.
Os alcaldes levan moito tempo pedindo unha reunión co delegado do Goberno en Galicia pero ante a falta de resposta anunciaron que elevarán as súas reivindicacións ao Ministerio de Transportes.