As principais vías de comunicación de Valencia seguen colpasadas
As principais vías de comunicación de Valencia seguen colpasadas
O Ministro de Transportes confirma que hai máis de 80 quilómetros de estradas nacionais afectadas
As principais vías de comunicación de Valencia seguen inservibles. Hai máis de 80 quilómetros de estradas nacionais afectadas, tal e como confirmou o Ministro de Transportes, Óscar Puente: "Só a rede de estradas do Estado en Valencia teñen danos en 80 quilómetros do seu trazado".
En dúas das arterias principais de Valencia a A-3 e a A-7 aínda se amorean coches e teñen danos que levará meses reparar. "Na A-7 temos un punto onde un viaduto colapsou", asegura o Ministro de Transportes.
Óscar Puente explicou que a A-3 está moi danada e que se logrou abrir unha vía para que transiten as emerxencias. Precisamente, as autoridades pídenlle á poboación que evite os desprazamentos para facilitar a chegada de axuda ás zonas devastadas.