Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arquivada a peza da Pokémon que investigaba as contratación da ORA e do guindastre en Santiago

Arquivada a peza da Pokémon que investigaba as contratación da ORA e do guindastre en Santiago

É unha das últimas pezas derivadas da macrocausa que quedaba aberta

Para o seu sobresemento, a xuíza alega que  "non parece debidamente xustificada a perpetración do delito"

G24.gal 06/11/2024 15:18

O Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela acordou o sobresemento provisional dunha das últimas pezas derivadas da macrocausa da operación Pokémon que quedaban abertas, a que investigou as contratacións do servizo de ORA e o guindastre en Santiago de Compostela.

Así se sinala nun auto emitido con data do pasado 31 de outubro e rubricado pola xuíza María Jesús Mosteiro. Nesta peza estaban investigados o exconcelleiro do PSOE Bernardino Rama, así como o que fora edil do PP Ángel Espadas polas súas responsabilidades no Concello.

Ademais, investigábase ao propietario e ao delegado en Galicia da empresa Vendex, Gervasio Rolando Rodríguez e José María Titor, así como a  varios funcionarios.

A maxistrada sinala que "non parece debidamente xustificada a perpetración do delito" que motivou a formación da causa, polo que considera que procede decretar o sobresemento provisional da mesma. Ademais, apunta que tampouco poden practicarse novas dilixencias por transcorrer o prazo máximo de instrución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade