Publicador de contidos
Publicador de contidos

O caixón de xastre da tarifa eléctrica, por Venancio Salcines

OPINIÓN

O caixón de xastre da tarifa eléctrica, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 12/12/2024 08:06

É necesario entender que a tarifa da luz non debe ser unha cesta de impostos, ou de repercusión de custos de estrutura. Por que? A progresividade. Un maior consumo de luz regulada non implica nin maior nivel de renda nin de vida. Hoxe podemos ver persoas de renda baixa asumindo un maior custo enerxético ca outras de renda alta. As últimas teñen capacidade para xerar sistemas propios de xeración, as primeiras, as máis febles economicamente, non. Polo tanto, o sistema non é progresivo e nalgúns casos, cada día máis, pode ser regresivo.

Que sería ó lóxico? Descargar a tarifa de luz de cargos adicionais e deixala despida, de tal xeito que o consumidor aboe só polo que consume, tanto sexa produción como distribución. Polo tanto, ten pouca lóxica que os cargos do sistema eléctrico suban, para o ano que vén, preto dun corenta por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade