Os impostos tamén demandan coherencia, por Venancio Salcines
OPINIÓN
Os impostos tamén demandan coherencia, por Venancio Salcines
O imposto extraordinario sobre a electricidade tiña unha lóxica, gravar os beneficios extraordinarios que obtiñan as eléctricas nun momento de máxima tensión nos prezos. O gravame era sobre o volume de facturación, aquí tiña a súa primeira incoherencia, non gravaba o que quería gravar.
A coherencia é fundamental no sistema impositivo, temos que ter un obxectivo e incrementar a recadación non debería ser a meta, é un medio, non un fin.
E que fins temos que ter para o sector eléctrico? Incrementar a oferta, a potencia do sistema, e intentar facelo de xeito que medre máis que a demanda. O lóxico neste sector, e en outros, é incentivar os investimentos, permitindo deducións no imposto de sociedades cando se supere determinado ritmo investidor. O camiño non é recadar de máis e despois repartir acorde aos pactos políticos, é recadar para medrar e acadar máis benestar, e aquí o camiño sempre é o investimento empresarial.