Publicador de contidos

Publicador de contidos

Puente di que liberar de peaxes a AP-9 non solucionaría as necesidades de entrada a Vigo

Puente di que liberar de peaxes a AP-9 non solucionaría as necesidades de entrada a Vigo

O ministro tamén asegurou que a afección da alternativa exposta polo Ministerio, un novo trazado na A-52, quedará limitada a só 25 vivendas

G24.gal 11/02/2025 19:27

O ministro de Transportes, Óscar Puente, defendeu que a proposta do PP de eliminar as peaxes na AP-9 non solucionaría as necesidades actuais de comunicación de entrada á cidade de Vigo.

En resposta a unha pregunta da senadora do PP Nidia María Arévalo, o ministro tamén asegurou que a afección da alternativa exposta polo Ministerio, un novo trazado na A-52, quedará limitada a só 25 vivendas, fronte ás 400 que di o PP.

"A súa proposta desde logo non cobre as necesidades de comunicación de entrada á cidade de Vigo, que obviamente se fan neste momento pola A-55, e que en ningún caso serían substituídas pola A-9, aínda que liberásemos as peaxes", engadiu o ministro.

Así mesmo, lembrou que foi o Goberno de José María Aznar o que, no ano 2000 e 23 anos antes do seu vencemento, prorrogou o contrato privado por outros 25 anos, ata 2048, mentres que defende que o actual Goberno levantou 4 de cada 10 quilómetros de peaxes desde 2018, pero só unha vez vencían os contratos coas empresas privadas.

"O que vostede propón é que se utilice a AP-9 como entrada para Vigo, e iso supón unha auténtica xincana para calquera que coñeza o territorio. É dicir, vostede pretende converter un trazado que levaría, hipoteticamente, uns 4 minutos no seu acceso a Vigo, por outro que supera os 20 minutos", xustificou.

Pola súa banda, Arévalo apuntou que liberar a peaxe da AP-9 entre Vigo e Porriño "non custa nin de lonxe" os 400 millóns de euros de saída que terá o trazado proposto polo Ministerio, máis o custo das expropiacións.

"Pedimos de forma urxente que libere o tramo de Porriño ou Vigo da peaxe da AP-9, que non ten vehículos, que se reparta o tráfico da A-55 á AP-9 e se paralice o proxecto do novo trazado da A-52, agresivo e prexudicial para Mos, e que non soluciona o problema do tráfico de Vigo, pero que provocará que 10.000 persoas queden sen auga e que se vexan afectadas 400 vivendas", concluíu a senadora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade