Publicador de contidos

Publicador de contidos

Google Maps cumpre vinte anos e chega aos dous mil millóns de usuarios ao mes

Google Maps cumpre vinte anos e chega aos dous mil millóns de usuarios ao mes

Un 8 de febrerio, coma hoxe, pero de 2005 nacía Google Maps

G24.gal 08/02/2025 21:09

Un 8 de febrerio coma hoxe pero de 2005 nacía Google Maps. Acababamos de estrear o novo milenio e nos nosos coches aínda había mapas de papel convivindo cos modernos tomtoms. Vinte anos despois o mapa dixital xubilou o resto dos trebellos e hoxe ten dous mil millóns de usuarios ao mes en todo o mundo. 

Só un ano antes de Google Maps, o seu creador, Larry Page soñaba con "mapear" o mundo para todo o mundo. En 2005 dixitalizou o ir de A a B e nos anos que viñeron esta aplicación acabou instalada na maioría dos móbiles do planeta. Ao mes úsana 2.000 millóns de persoas.

Na cara B de Google Maps están todos os camións atoados en rúas polas que non cabían. Na cara A, ser clave nunha investigación policial. A desaparición e morte dun home en Soria resolveuse con esta imaxe dun mundo que Larry Page soñaba con mapear.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade