Pechada a estrada máis usada para subir a Manzaneda porque non se aclara quen é o responsable de arranxala

O Concello de Manzaneda di que pertence a Trives, pero Trives négao
Está cortada pola neve a estrada que máis empregan portugueses e casteláns para acceder á estación de esquí de Manzaneda.
Dende o Concello din que o treito pertence a Trives, que está cheo de fochancas e non é posible pasar coas máquinas quitaneves.
Pero o Goberno local de Trives négao, e di que non poden arranxar a estrada porque non é deles.
A vía leva días pechada pola neve.
Aos visitantes que van do leste da provincia de Ourense, de Castela ou de Portugal non lles queda outra que dar a volta e rodear por Trives.
Co peche desta estrada vense ademais moi afectados os negocios de Manzaneda.
O Concello de Manzaneda era o encargado de limpar esta entrada, pero aseguran que uns buracos enormes lles impiden pasar este ano coa quitaneves.
Dende o Goberno local de Trives responden que parchear esa estrada sería unha irregularidade, porque non é de titularidade municipal, senón dunha comunidade de montes.