Publicador de contidos
Publicador de contidos

As oposicións de Educación serán o sábado 21 de xuño en Galicia

As oposicións de Educación serán o sábado 21 de xuño en Galicia

Convocaranse 1.664 prazas de 50 especialidades distintas

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 04/02/2025 15:46

Os exames da oferta pública de emprego (OPE) de Educación de 2025, que constará de 1.664 prazas de 50 especialidades distintas, celebraranse o sábado 21 de xuño.

Así o confirmaron representantes da Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades aos sindicatos na celebración este martes da mesa sectorial docente.

Haberá un total de 1.664 prazas ofertadas, a maioría de acceso libre. Entre elas, hai 918 para profesores de Secundaria, 426 de mestres de Educación Primaria e Infantil, e outros 80 de especialistas en sectores singulares de FP.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade