Unha veciña de Ourense, en cadeira de rodas, case non pode saír a rúa por falta de ascensor no edificio

Para acudir a rehabilitación ten que arrastrarse polas escaleiras desde o primeiro andar en que vive
A falta de acordo na comunidade de propietarios impide a instalación dun ascensor
Esther Peña padece unha enfermidade que a deixou en cadeira de rodas. Hai dous anos tivo que trasladarse a vivir xunto a súa nai polo avance da doenza. A falta de ascensor no edificio fai que se sinta atrapada. O pouco que sae a rúa é para ir a rehabilitación. Faino, di, arrastrándose polas escaleiras dende o primeiro andar no que viven.
Levan tempo reclamando a instalación dun ascensor que cambiaría, afirma, a súa vida pero, dos 16 propietarios, hai varios con impagos á comunidade e isto está a dificultar unha solución. Estudan acudir a vía xudicial para reclamar unha accesibilidade que lle permita a Esther poder saír libremente á rúa.