Publicador de contidos

Publicador de contidos

As prazas de garaxe escasean en todas as cidades galegas

As prazas de garaxe escasean en todas as cidades galegas

O 65 % dos coches apárcanse na rúa

G24.gal 09/02/2025 15:09

A Federación Galega de Empresas Inmobiliarias constatou unha caída do 18 % na oferta de prazas de garaxe en arrendamento e un descenso do 15 % no número de prazas á venda. 

 "Máis ou menos hai unhas 1.200 prazas de garaxe, o que consideramos moi insuficiente, como comprobamos sobre todo en cidades como Pontevedra e Ferrol, onde o número de prazas de garaxe en alugueiro é moi reducido", puntualiza o presidente de FEGEIN, Benito Iglesias.

Benito Iglesias subliña ademais que hai prazas difíciles de alugar por deficiencias ou porque non se adecúan ao tamaño actual dos coches.

"Unha de cada catro prazas de garaxe mostra deficiencias notorias pola súa antigüidade ou por outros motivos e non son facilmente alugables", explica o presidente da FEGEIN.

A oferta foi a menos e os prezos a máis. Unha praza de garaxe alúgase de media a 80 ou 85 euros ao mes.

"Os prezos oscilan bastante pero por exemplo en Vigo e na Coruña, as dúas cidades máis caras, hai prazas de garaxe en alugueiro entre os 90 e os 120 euros", engade Benito Iglesias.

O presidente da FEGEIN puntualiza que esta situación deriva nun problema de mobilidade laboral urbana e resta atractivo residencial ás zonas vellas das cidades. Neste sentido, avoga por máis aparcamentos disuasorios gratuítos.

"Un aparcadoiro disuasorio non só ten que estar en boas condicións, non pode ser un lameiro onde deixemos o noso coche, senón que ten que estar ben conectado co transporte urbano. Se non está ben conectado practicamente non estamos facendo nada e iso é o que está fallando moitas veces", insiste Iglesias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade