Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago e Consumo unen forzas contra os pisos turísticos ilegais

Santiago e Consumo unen forzas contra os pisos turísticos ilegais

Pedirán ás plataformas que retiren os anuncios de vivendas turísticas que non aporten número de rexistro

O ministerio de Consumo identifica en Galicia 9.000 anuncios deste tipo de vivendas que poderían estar operando ilegamente 

Avirturga denuncia persecución do concello de Santiago 

 

O ministro de Consumo, Pablo Bustinduy, entregoulle esta mañá á alcadesa un arquivo dixital con datos de 221 vivendas turísticas "ilegais"
G24.gal 25/04/2025 14:44

En Santiago, hai 64 pisos turísticos con autorización municipal, pero o ministerio de Consumo detectou que están operando máis de 400. E entrégalle ao Concello un arquivo con datos de 221 destas vivendas para que poida tomar medidas. A alcaldesa, Goretti Sanmartin, anuncia que lle pedirán ás plataformas que retiren os anuncios de todos aqueles aloxamentos que non demostren que están operando segundo establece a normativa. 

En Galicia, Consumo indentificou 9000 vivendas turísticas que non aportan o número de rexistro. E nos próximos días faranlle chegar á Xunta estes datos. O ministro Bustinduy convida á administración galega que non mire para outro lado. Desde o goberno autonómico negan pasividade e poñen datos enriba da mesa. O director da Axencia de Turismo de Galicia asegura que o ano pasado pecharon 24 vivendas turísticas en Santiago e que este ano "xa levamos cincuenta".  A asociación de vivendas turísticas de Galicia denuncia persecución e alerta sobre a teoría de que pechando vivendas turísticas baixarán os prezos do alugueiro tradicional.  Sostén Aviturga que os pisos turísticos tamén axudan a dinamizar o comercio local. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade