A Torre Efisa será o edificio máis eficiente da Coruña
Contará con máis de 200 paneis fotovoltaicos que abastecerán as dúas bombas de calor que substitúen as vellas caldeiras
O investimento na rehabilitación do edificio supera os 8 millóns de euros

As obras de rehabilitación enerxética da Torre Efisa da Coruña entran xa na súa recta final. Cun investimento que supera os 8 millóns de euros, o emblemático edificio de Catro Camiños vaise converter no máis sostible e eficiente de toda a cidade herculina.
Tras a reforma de distintos frontais do edificio para garantir o illamento térmico, a empresa Iberdrola, responsable desta actuación, está a instalar xa os paneis que van converter nun xardín vertical a fachada deste inmoble construído hai medio século.
Tamén se substituíron xa as vellas caldeiras de gasóleo por dúas bombas de calor que se van abastecer de enerxía limpa, a través de máis de 200 placas solares instaladas na cuberta e as paredes laterais.