Unha potencia en cadaleitos: nove fábricas nun concello con mil habitantes
Para poñer en valor o seu oficio, Piñor vai abrir a Casa do Cadaleito, un centro expositivo pioneiro en España
Cunha longa tradición na fabricación de cadaleitos, o concello ourensán de Piñor é toda unha potencia na súa produción.
Nun municipio con pouco máis de mil habitantes hai nove fábricas en funcionamento.
En breve, vai contar cunha Casa do Cadaleito, o primeiro centro expositivo en España dedicado á historia dos ataúdes.
"Piñor é realmente onde se empezou a construír os primeiros ataúdes e hoxe somos onde máis empresas hai construíndo ataúdes", di José Luis González, Alcalde de Piñor e propietario dunha fábrica de cadaleitos.
"A verdade é que Valencia era un dos principais produtores, en Ribadavia tamén, pero hoxe é Piñor un dos máis grandes na fabricación de ataúdes", engade.
O sector funeraio é o principal motor económico do concello.
Para poñer en valor o seu oficio van abrir a Casa do Cadaleito, un centro expositivo pioneiro en España.
Situado no Camiño de Santiago en plena Vía da Prata, agardan que a súa mostra de cadaleitos sexa un punto de atracción turístico.