Publicador de contidos

Publicador de contidos

CCOO e UXT Galicia chaman a participar no 1 de maio pola redución da xornada laboral

CCOO e UXT Galicia chaman a participar no 1 de maio pola redución da xornada laboral

Os dous sindicatos sairán á rúa baixo o lema "Protexer o conquistado, gañar o futuro"

G24.gal 25/04/2025 12:02 Última actualización 25/04/2025 13:18

Comisións Obreiras e UXT Galicia vanse manifestar xuntas o Primeiro de Maio en todas as cidades galegas. A mobilización central será en Vigo. Sairá ás once e media da mañá da Vía norte.

Os dous sindicatos reivindican a redución da xornada laboral, mellores salarios e actuacións sobre o prezo da vivenda. E tamén máis medidas para reducir a sinestralidade laboral e as enfermidades mentais relacionadas coa tensión de moitos postos de traballo. 

Puxeron en valor a unidade sindical que representan e piden poñer a Galicia no centro, cunha axenda propia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade