Publicador de contidos

Contido coa etiqueta uxt .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta uxt .

Uxt

Traballo fará este martes á CEOE a derradeira oferta para reducir a xornada e pechará a negociación se non se suma

28/10/2024 20:30

O Ministerio de Traballo poñerá enriba da mesa "a derradeira oferta" para sumar ao acordo a patronal: axudas directas á produtividade para os sectores máis afastados das 37,5 horas semanais 


UXT e CCOO ven esgotada a negociación da xornada laboral coa CEOE

24/09/2024 09:43

Álvarez subliñou que non hai ningún avance coa patronal, coa que volven reunirse esta tarde convocados polo Ministerio de Traballo

Sordo tamén criticou a actitude de bloqueo da CEOE e recoñeceu que non esperan demasiado da reunión desta tarde

A CEOE denuncia que a xornada de 37,5 horas "rompe" o pacto de convenios e apela á súa liberdade para dicir 'non'


Momento da sinatura do acordo no Palacio da Moncloa (EFE/Zipi)

Sánchez asina coa patronal e os sindicatos o novo acordo de pensións

18/09/2024 11:06

O pacto acorda mellorar os incentivos para demorar a idade de xubilación, compatibles coa xubilación activa, e regula o retiro en profesións de alta penosidade


Imaxe de arquivo

O Goberno aproba o martes a suba salarial do 2 % a funcionarios, segundo CCOO e UXT

21/06/2024 18:20

Segundo os sindicatos, danse as condicións para aprobar unha subida de medio punto adicional

O Goberno tamén aprobará ese día a oferta pública de emprego, que ascenderá a 40.121 prazas


Imaxe de aquivo duns opositores realizando un exame

O Goberno prevé aprobar 40.121 prazas de emprego público, unha cifra récord

19/06/2024 20:21

Delas, 20.840 serán de quenda libre e polo menos 10.600 corresponderán a promoción interna

UXT aceptou a proposta, mentres que o CSIF decidiu rexeitala e convocar unha protesta, xa que non elimina a taxa de reposición e considera que reduce a creación de emprego neto


Yolanda Díaz, na conferencia de prensa tras a reunión do Consello de Ministros (EFE/JJ Guillén)

O Goberno aproba a reforma do subsidio de desemprego e do despedimento por invalidez permanente

20/05/2024 12:22

A reforma do subsidio por desemprego contempla un aumento por tramos da contía desta axuda, actualmente de 480 euros ao mes; amplía o colectivo de beneficiarios, e permitirá compatibilizar cun salario tanto o subsidio como a prestación contributiva de desemprego

A reforma pon fin ao despedimento automático en casos de invalidez permanente


Díaz, Sordo e Álvarez tras a sinatura do acordo (Europa Press/Fernando Sánchez)

Goberno e sindicatos pactan a reforma do subsidio de desemprego sen o apoio da patronal

08/05/2024 08:42

A axuda será de 570 euros ao mes durante os 6 primeiros meses e de 540 os 6 seguintes, e entrará en vigor en novembro con carácter xeral

Yolanda Díaz: "Isto non é ningunha paguiña, é un dereito"

CCOO e UXT salientan a importancia do acordo para mellorar a vida de moitas persoas

A patronal lamenta que non houbese "verdadeira negociación"


UGT pide que os antigos bolseiros non paguen por incorporar as prácticas á vida laboral

07/05/2024 09:11

A organización xuvenil RUGE, de UXT, cre que a medida é discriminatoria, xa que os antigos bolseiros deben asumir tamén a cotización empresarial


Manifestación central da CIG na Coruña co gallo do Primeiro de Maio (EFE/Cabalar)

As mobilizacións do 1.º de Maio en Galicia esixen mellorar salarios e frear a precariedade

01/05/2024 09:09

Un ano máis, os sindicatos concorren por separado

A CIG reclama "traballo digno" e CCOO e UXT marchan polo "pleno emprego"

Entrevistas na RG: sindicatos e empresarios discrepan sobre a redución da xornada laboral


Manifestación do Primeiro de Maio en Madrid (EFE/Mariscal)

Os sindicatos pídenlle ao Goberno este Primeiro de Maio que continúe coas reformas

01/05/2024 08:36

"Polo pleno emprego: reducir xornada, mellorar salarios", é o lema escollido por UXT e CCOO este Día do Traballo


CCOO e UXT reclaman medidas para acabar coa sinistralidade laboral

26/04/2024 13:47

Segundo as cifras dos sindicatos, a sinistralidade laboral aumentou máis dun 7 % no último ano en Galicia


Xubilados e pensionistas reclaman melloras na atención á dependencia

02/02/2024 13:49

Ante a sede da Xunta en Vigo pediron unha atención máis humana e máis prazas en residencias


Yolanda Díaz, Unai Sordo e Pepe Álvarez asinan a suba do SMI (EFE/ Fernando Alvarado)

Facenda reducirá as retencións de IRPF a todas a rendas inferiores a 21.000 euros

17/01/2024 13:31

Os traballadores que cobren o salario mínimo interprofesional non pagarán nada 

O Ministerio de Traballo e os sindicatos asinaron esta mañá o acordo para a suba do salario mínimo interprofesional

Traballo convoca ós axentes sociais para abordar a redución da xornada laboral 


Goberno e sindicatos acordan subir o salario mínimo un 5 %, ata os 1.134 euros

12/01/2024 10:18

As organizacións empresariais non se sumaron ao acordo, e finalmente a suba foi superior ao 4 % que propoñía Traballo se se sumaban a un pacto tripartito


Péchase un preacordo entre Vitrasa e o comité para desconvocar a folga e subir os salarios

11/01/2024 19:27

A UXT sinalou que se producirán subas do 2,5% nos salarios, pagaranse atrasos e haberá melloras nas condicións dos traballadores

Este acordo está supeditado á consulta que se fará o venres cos traballadores da empresa concesionaria


Joaquín Pérez, secretario de Estado de Traballo, preside a reunión da mesa do diálogo social (EFE/Mariscal)

O Goberno advirte os empresarios dunha suba maior do 4 % do SMI se non asinan ese incremento

08/01/2024 11:44

"A patronal ten que entender que non entrar nun acordo, paga as consecuencias de non facelo", di o secretario de Estado de Traballo e Economía Social, Joaquín Pérez Rey


UXT e CCOO anuncian unha folga de catro días en Iberia do 5 ao 8 de xaneiro

22/12/2023 16:28

Esta convocatoria foi considerada como "inxustificada" pola compañía, porque fixo unha oferta "ambiciosa"


Os sindicatos ven "insuficiente" a reforma do subsidio por desemprego e a patronal critica as "présas" de Traballo

04/12/2023 21:07

Comisións e UXT piden que a modificación que pretende aprobar o Goberno incremente máis as contías e as coberturas

O paro baixa en 24.573 persoas en novembro grazas ao sector servizos

A CEOE di que Traballo só lle deu tres días para analizar a reforma 


Alfonso Rueda saúda os representantes de CCOO, ANPE e UXT-SP (EFE/Lavandeira jr)

Educación asina o acordo que rebaixa 'ratios' con UXT, CCOO e ANPE; a CIG desmárcase

11/10/2023 10:50

Os sindicatos asinantes do pacto cren que "recolle boa parte das reivindicacións"

A CIG cre que o acordo "non reverte os recortes dos últimos 14 anos" e convocou unha folga xeral no sector o 24 de outubro


Álvarez pide a Feijóo que "aclare" se mantería a lexislación laboral tras o 23X

19/06/2023 14:34

Respecto a as futuras normas sobre o emprego, demandou engadir "regulación da intelixencia artificial no mercado laboral"


Díaz sela cos sindicatos o estatuto do bolseiro para atallar a precariedade nas prácticas

15/06/2023 14:06

Fíxase un máximo de bolseiros por empresa e deberanse respectar os límites e descansos aplicables ás persoas que presten servizos na empresa


Convocada folga no transporte urbano de Santiago

24/05/2023 16:35

O paro coincide coa celebración do festival O Son do Camiño


Membros do sindicato CSIF nunha manifestación

Os sindicatos asinan un acordo para reforzar a Seguridade Social e desconvocan a folga

16/05/2023 18:17

O acordo contempla a incorporación de máis de 3.500 efectivos, amais de implantar dúas xornadas de teletraballo a partir de 2024


El presidente de CEPYME, Gerardo Cueva; o presidente da CEOE, Antonio Garamendi; o secretario xeral de CCOO, Unai Sordo, e o secretario xeral de UXT, Pepe Álvare (EFE/ Sergio Pérez)

Sindicatos e patronal asinan o novo acordo salarial ata 2025

10/05/2023 11:25

Establece unha suba de salarios do 4 % en 2023 e do 3 % en 2024 e 2025, así como unha cláusula de revisión do 1 % en función da inflación

No acto de sinatura non participou o Goberno

Sánchez presume de paz social e acusa o PP e Cs de anunciar unha apocalipse


CEOE e UXT ratifican o acordo salarial

08/05/2023 12:57

Os seus órganos de dirección aproban a recomendación de suba do 10% en 3 anos

Podemos cre que queda curto e o PP critica a política de confrontación do Goberno


Principio de acordo entre os axentes sociais para subir os salarios o 10 % en tres anos

05/05/2023 14:33

Pactan unha suba do 4 % este ano e do 3 % tanto en 2024 como en 2025

O acordo inclúe unha cláusula de revisión por se a inflación segue disparada

Pedro Sánchez atribúe o pacto sobre os salarios á paz social que fomenta o Goberno


José Antonio Gómez, secretario xeral da UXT, na manifestación do 1 de Maio en Vigo

José Antonio Gómez: "A CEOE ten que se sentar seriamente na mesa para chegar a un acordo salarial"

02/05/2023 10:31

O secretario xeral da UXT insta as administracións a traballar de xeito conxunto para que Galicia acolla a fábrica de baterías de Stellantis


Manifestación da CIG en Vigo co gallo do Primeiro de Maio (EFE / Salvador Sas)

Miles de persoas maniféstanse en Galicia para esixir a suba de salarios

01/05/2023 14:55

A protesta central de Comisións Obreiras e UXT en Galicia discorreu por Vigo e contou coa participación do líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso

A CIG manifestouse por separado, pero tamén levou a súa protesta principal as rúas de Vigo, onde estivo a líder do BNG, Ana Pontón


Os sindicatos ameazan con folgas se non hai acordo coa CEOE para subir salarios

01/05/2023 14:31

CCOO e UXT avanzan mobilizacións no outono se non se pecha un acordo este mes

As ministras de Emprego, Facenda, Igualdade e o de Consumo participan na manifestación de Madrid

O 1º de Maio, protagonista das mensaxes de precampaña


Os sindicatos saen á rúa este primeiro de maio para reclamar subas salariais

01/05/2023 09:24

Hai manifestacións conxuntas de CCOO e UXT en 73 cidades

A CIG tamén convocou este mediodía baixo o lema "paremos o saqueo"


Os sindicatos galegos ven preciso a mobilización para afrontar a negociación colectiva

01/05/2023 09:04

A patronal advirte de que hai que aquilatar as subas salariais ao tamaño das empresas


Os sindicatos anuncian mobilizacións se non soben os salarios dos traballadores

20/04/2023 14:30

As mobilizacións do 1 de maio reclamarán melloras nos convenios colectivos


Folga de buses en Galicia, con "seguemento masivo" e acusación de incumprimento de servizos mínimos

31/03/2023 13:06

A Federación Galega de Transportes afirma que non permitiron dar cumprimento aos servizos mínimos

Os traballadores reclaman negociar os catro convenios e as táboas salariais


O Banco de España defende a fortaleza do sector financeiro

27/03/2023 14:15

Con todo, o gobernador do regulador bancario español cre que se a situación de tensión se mantén no tempo, provocará unha certa perda da confianza


Patronal e sindicatos retoman a negociación colectiva coas posturas afastadas

22/03/2023 15:12

Cepyme pide que se teña en conta "a situación real da empresa"

O líder da UXT advirte do risco de conflictividade laboral se non hai acordo


Persoal do transporte de viaxeiros fará folga o 31 de marzo en toda Galicia

16/03/2023 13:25

Un cento de traballadores e traballadoras do sector manifestáronse en Santiago


Goberno e sindicatos cualifican de histórica a reforma das pensións

15/03/2023 12:19

 

O Goberno confía en que o Congreso lle dea o apoio a esta reforma

Escrivá di que a reforma das pensións só incrementará en 38 céntimos por hora o custo laboral


Pepe Álvarez confía en pechar esta tarde o acordo da reforma das pensións

13/03/2023 10:20

O secretario xeral da UGT destaca que se trata dun paso extraordinariamente positivo para consolidar o sistema e garantir a xubilación dos máis novos.

Pide altura de miras aos empresarios e salienta que a proposta sobre cotizacións está por baixo da maioría dos países da Unión Europea incluído Portugal


Yolanda Díaz rexeita proposta do líder de UXT de retirar subsidios a quen rexeite empregos

10/03/2023 14:51

Unai Sordo, secretario xeral de CC. OO., tamén se opón á medida

Pepe Álvarez explica as súas palabras: "Non hai persoas de maneira significativa que rexeiten un emprego... pero é un tema do que debemos falar"


Ferrovial explica a folla de ruta para cotizar nos EUA, e o Goberno analiza a letra pequena

09/03/2023 15:01

A empresa traslada aos investidores que o próximo mes se debe aprobar a fusión coa súa filial nos Países Baixos, a onde se faría oficial o traslado en maio

"Os argumentos esgrimidos publicamente non se sosteñen", di Nadia Calviño, quen desde o Goberno defende que pode cotizar nos Estados Unidos mantendo a sede en España

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 77 resultados.