Publicador de contidos
Publicador de contidos

Facenda reducirá as retencións de IRPF a todas a rendas inferiores a 21.000 euros

Facenda reducirá as retencións de IRPF a todas a rendas inferiores a 21.000 euros

Os traballadores que cobren o salario mínimo interprofesional non pagarán nada 

O Ministerio de Traballo e os sindicatos asinaron esta mañá o acordo para a suba do salario mínimo interprofesional

Traballo convoca ós axentes sociais para abordar a redución da xornada laboral 

Yolanda Díaz, Unai Sordo e Pepe Álvarez asinan a suba do SMI (EFE/ Fernando Alvarado)
G24.gal 17/01/2024 13:31 Última actualización 17/01/2024 17:36

O Ministerio de Facenda incrementará o mínimo exento no Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) desde os 15.000 euros ata os 15.875 euros, o que inclúe ós traballadores que cobran o  Salario Mínimo Interprofesional (SMI). 

Segundo se recolle no borrador do real decreto tamén se prevé reducir as retencións de IRPF para todas as rendas do traballo inferiores a 21.000 euros brutos (19.747,5 euros netos). Para evitar un "erro de salto", ás rendas do traballo comprendidas entre os 15.876 euros e os 19.747,5 euros netos practicaránselles menos retencións das que, en teoría, corresponderíanlles e menos das que se aplican agora. 

De acordo con os cálculos de Facenda, estímase que a modificación que se introduce no regulamento do imposto sobre as persoas físicas podería beneficiar algo máis de 5,2 millóns de contribuíntes. As novas retencións, aínda pendentes de aprobación, aplicaranse unha vez que entre en vigor o real decreto. 

O anuncio de Facenda chega tras a sinatura, este mércores, do acordo para a suba acordada polo Ministerio de Traballo e os sindicatos. Yolanda Díaz xa anunciou que o vindeiro xoves, 25 de xaneiro, comezará a mesa de traballo cos axentes sociais para abordar a redución da xornada laboral. 

A CEOE xa se mostrou crítica con esta formulación, xa que ve na redución da xornada laboral un incremento de custos que se suma ao que supoñerá a subida do SMI.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade