Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía recorre a imputación de David Sánchez, irmán do presidente do Goberno

A Fiscalía recorre a imputación de David Sánchez, irmán do presidente do Goberno

O Ministerio Público considera que non se "determinan os feitos concretos de imputación"

Tamén recorre a imputación do presidente da Deputación de Badaxoz

Europa Press Europa Press
G24.gal 03/12/2024 18:29

A Fiscalía de Badaxoz recorreu o auto de imputación do irmán do presidente do Goberno, David Sánchez, e do presidente da Deputación pacense, Miguel Ángel Gallardo, ao considerar que non se "determinan os feitos concretos de imputación a cada un dos investigados".

Sánchez e Gallardo están citados a declarar como investigados polo Xulgado de Instrución 3 de Badaxoz o próximo 9 de xaneiro na causa aberta por delitos de tráfico de influencias, malversación e prevaricación en relación coa contratación do irmán do presidente na Deputación de Badaxoz.

O recurso do Ministerio Fiscal lembra que “compartindo o fin que a instrutora determina de garantir a plena efectividade do dereito de defensa, o investigado debe saber 'ab initio' a natureza e causa da acción exercitada contra el e dos feitos que se lle atribúen”.

Neste sentido, o documento explica que “a motivación das resolucións xudiciais é unha esixencia derivada das normativas europea e estatal “. Esta situación implica que "a resolución ten que conter os criterios xurídicos que fundamental a decisión", o que determina "que non baste unha mera declaración de vontade nun sentido ou outro", engade a Fiscalía.

A Fiscalía pacense tamén explica que “os tribunais nacionais deben indicar con suficiente claridade os motivos en que se basean para permitir aos litigantes exercer efectivamente o dereito ao recurso do que dispoñen”. “En consecuencia, o feito punible, como obxecto do proceso penal, debería ser coñecido polas persoas que declararán a partir do próximo 8 de xaneiro”, expresa.

Con todo, engade a Fiscalía, esta resolución "non realiza ningunha exposición dos indicios existentes contra cada unha das persoas ás que se pretende tomar declaración como investigados, nin indica os concretos delitos polos que se investiga cada un deles".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade