Publicador de contidos
Publicador de contidos

Péchase un preacordo entre Vitrasa e o comité para desconvocar a folga e subir os salarios

Péchase un preacordo entre Vitrasa e o comité para desconvocar a folga e subir os salarios

A UXT sinalou que se producirán subas do 2,5% nos salarios, pagaranse atrasos e haberá melloras nas condicións dos traballadores

Este acordo está supeditado á consulta que se fará o venres cos traballadores da empresa concesionaria

G24.gal 11/01/2024 19:27

A concesionara do autobús urbano de Vigo, Vitrasa, e o comité de empresa pecharon este xoves un preacordo que permitirá desconvocar a folga indefinida, que comezou o 25 de novembro, e que aumentará un 2,5% os salarios, segundo informou a UXT. Este preacordo queda supeditado á consulta, que se realizará este venres cos traballadores da compañía.

O sindicato UXT avanzou que o acordo ao que se chegou tras unha intensa xornada de negociacións entre Vitrasa e a representación dos traballadores, é a quinta dende que se convocou a folga indefinida.

Para o ano 2023 aboaríase unha suba do 2,5% dos salarios, actualizando en táboas do 2024 e cobrando os atrasos debidos. Tamén hai acordo en canto á nocturnidade de talleres, cambios de quendas entre compañeiros e melloras nos descansos entre paradas, segundo sinalou UXT.

Apuntan que o compromiso para desconvocar a folga, sempre que os traballadores apoien o acordo, implicará que "en tres semanas se produza un avance importante para o resto da negociación" do convenio colectivo. Indican tamén que "se lles vai solicitar ao AGA (o servizo de mediación) a súa participación no calendario de reunións".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade