Publicador de contidos
Publicador de contidos

Patronal e sindicatos retoman a negociación colectiva coas posturas afastadas

Patronal e sindicatos retoman a negociación colectiva coas posturas afastadas

Cepyme pide que se teña en conta "a situación real da empresa"

O líder da UXT advirte do risco de conflictividade laboral se non hai acordo

G24.gal 22/03/2023 15:12

As patronais CEOE e Cepyme e os sindicatos Comisións Obreiras e UXT retoman esta tarde a negociación do quinto Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva. É un intento de lograr un acordo que non foi posible hai case un ano polas discrepancias nas posturas.

Nesta ocasión, os sindicatos xa adiantaron a súa fórmula: subas salariais graduais, do 5 % retroactivo para 2022, do 4,5 por cento este ano e do 3,75 o que vén.

Os empresarios non fixeron pública aínda a súa proposta, pero adiantan os obxectivos. "Gustaríame que tanto empresarios como sindicatos nos axustásemos ao marco real da situación económica das empresas", di Gerardo Cuerva.

Os sindicatos responden que non haberá máis negociacións se non se logra un acordo sobre os convenios colectivos, e Pepe Álvarez advirte a patronal: "Pode elixir entre un país ordenado, tranquilo, que negocia os convenios, que reparte a riqueza... ou un país cun alto nivel de conflitividade".

No que si coinciden patronal e sindicatos é na necesidade de asinar o acordo para que os negociadores dos convenios teñan as directrices claras. Deles dependen os salarios de máis de nove millóns de traballadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade