Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Banco de España defende a fortaleza do sector financeiro

O Banco de España defende a fortaleza do sector financeiro

Con todo, o gobernador do regulador bancario español cre que se a situación de tensión se mantén no tempo, provocará unha certa perda da confianza

G24.gal 27/03/2023 14:15

Hernández de Cos, gobernador do Banco de España, cre que se a situación de tensión se mantén no tempo, provocará unha certa perda da confianza. Pero non ve risco de translación das turbulencias financeiras pola robustez da banca española. Unha mensaxe que comparte a vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño.

Dende a patronal, Antonio Garamendi defende a fortaleza do sector financeiro español, pero mostra a súa preocupación polas repercusións que poida ter o imposto á banca ante a situación dos mercados europeos e estadounidenses.

Os sindicatos piden que non se lancen mensaxes alarmistas. O secretario xeral da UXT, Pepe Álvarez, refírese ao Fondo Monetario Internacional. E Unai Sordo, secretario xeral de CCOO, descarta unha crise coma a do 2008. Piden tamén que as autoridades financeiras repensen as políticas monetarias que, din, non axudan a rebaixar a inflación, pero si están creando problemas a empresas e familias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade