Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os sindicatos anuncian mobilizacións se non soben os salarios dos traballadores

Os sindicatos anuncian mobilizacións se non soben os salarios dos traballadores

As mobilizacións do 1 de maio reclamarán melloras nos convenios colectivos

G24.gal 20/04/2023 14:30

Os sindicatos afrontan o primeiro de maio como unha conta atrás no proceso de negociación colectiva cos empresarios. Din que os traballadores están sufrindo o custo da inflación e que é necesario que os beneficios empresariais se trasladen aos salarios. E urxen un acordo.

"O tempo acábase. Quedan días, semanas para pechar unha proposta", di Pepe Álvarez, secretario xeral da UXT.

Recoñecen que hai contactos, pero non unha negociación cunha proposta seria por parte das organizacións empresariais.

"Sen non hai acordo, haberá mobilizacións. E as mobilizacións sábese cando empezan pero non como rematan. Ou sabía Macron como serían as mobilizacións polas pensións?", pregunta Unai Sordo, secretario xeral de CCOO.

Desde a CEOE responden que a negociación colectiva está xa avanzando por sectores. "Xa hai nove millóns de traballadores con avances nos convenio coectivos. No metal, na hostalería...", asegura Antonio Garamendi, presidente da CEOE.

Os sindicatos tamén lle reclaman ao Goberno a convocatoria do Observatorio de Marxes Empresariais que a patronal considera intervencionista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade