Publicador de contidos
Publicador de contidos

Persoal do transporte de viaxeiros fará folga o 31 de marzo en toda Galicia

Persoal do transporte de viaxeiros fará folga o 31 de marzo en toda Galicia

Un cento de traballadores e traballadoras do sector manifestáronse en Santiago

G24.gal 16/03/2023 13:25

Os sindicatos din que nas asembleas está a prepararse unha convocatoria de folga para o próximo día 31 en toda Galicia. Detrás está a perda de poder adquisitivo, unhas quendas que impiden a conciliación e uns salarios que non corresponden coa responsabilidade que supón.

A situación afecta ás máis de 4.000 persoas que se dedican a este sector en Galicia e a traballadores e traballadoras que levan 19 anos de servizo e teñen soldos de 1.400 euros.

Este anuncio fíxose na manifestación dun cento de traballadores do sector de transporte de viaxeiros, convocados por CIG, CCOO e UXT, en Santiago, para reivindicar unha actualización dos salarios e denunciar a deterioración da seguridade nos autobuses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade