Cargando resultados...
Folga no transporte urbano de Vigo
Folga no transporte urbano de Vigo
Os traballadores de Vitrasa reclaman subas salariais retroactivas no novo convenio
A empresa di que xa cobran un 40 % máis do que marca o convenio provincial
Antón Montero
08/11/2024 20:28
Última actualización 08/11/2024 20:36
Os traballadores da concesionaria do transporte urbano de Vigo, Vitrasa, retoman as protestas polo convenio colectivo.
Tras sete meses de tregua, retomaron os paros en demanda de subas salariais retroactivas correspondentes a 2021, 2022 e 2023. Esta tarde manifestáronse polo centro da cidade.
A empresa argumenta que os traballadores xa cobran un 40 % máis do que recolle o convenio provincial. A protesta deste venres continuará con xornadas de paros parciais a partir da semana do 18 de novembro.