Douvikas devolve a alegría a Balaídos (1-0)
Douvikas devolve a alegría a Balaídos (1-0)
O Celta gaña pola mínima ao Xetafe cun tanto do grego no minuto 7
Na segunda parte o equipo visitante quedou con dez e o equipo galego fallou unha chea de oportunidades para aumentar a conta
Os de Giráldez rompen unha xeira de tres partidos sen lograr a vitoria na casa
O Celta recuperou o sorriso cunha vitoria en Balaídos ante o Xetafe (1-0). Chegou cun gol de Douvikas no minuto 7 logo dunha grande asistencia de Iago Aspas. Foi un partido moi traballado en que os vigueses mereceron marcar máis goles, sobre todo na segunda metade.
O Xetafe quedou con dez mediado ese segundo tempo por expulsión de Berrocal. Aspas mandou un remate ao pau, Douvikas fallou coa cabeza na área pequena, Hugo Álvarez tivo outra moi clara e a Borja Iglesias anuláronlle un gol por fóra de xogo. Coa vitoria mínima houbo incerteza no resultado pero o triunfo quedou na casa.
Levaba tres partidos sen gañar como local o Celta, pero suma tres puntos que o colocan no medio da clasificación con 16 puntos.