Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferrovial explica a folla de ruta para cotizar nos EUA, e o Goberno analiza a letra pequena

Ferrovial explica a folla de ruta para cotizar nos EUA, e o Goberno analiza a letra pequena

A empresa traslada aos investidores que o próximo mes se debe aprobar a fusión coa súa filial nos Países Baixos, a onde se faría oficial o traslado en maio

"Os argumentos esgrimidos publicamente non se sosteñen", di Nadia Calviño, quen desde o Goberno defende que pode cotizar nos Estados Unidos mantendo a sede en España

G24.gal 09/03/2023 15:01

Nunha gravación de seis minutos, a empresa de infraestruturas trasladoulles aos investidores o calendario da súa saída de España. Dentro dun mes, aproximadamente, Ferrovial convocará a xunta xeral de accionistas que deberá aprobar a fusión coa filial neerlandesa, o traslado faríase efectivo a mediados de maio e en setembro estaría rematada a operación.

O grupo que preside Rafael del Pino sinala que a cotización na bolsa de Ámsterdam axiliza o proceso para desembarcar en Wall Street.

A CNMV di que é factible para as empresas españolas cotizar nos Estados Unidos, pero que Ferrovial nunca o solicitou.

O Goberno cre que isto desmonta o argumento da compañía. "Estamos analizando os argumentos e as implicacións, porque de acordo coa información dispoñible e as análises técnicas, os argumentos esgrimidos publicamente non se sosteñen", asegura Nadia Calviño.

Para o PP, a saída do grupo responde a unha xestión económica errónea do Executivo. "O problema non é que Ferrovial marche de España, que xa é grave, é que iso é o sinal de alarma. O problema é canto investimento estranxeiro está deixando de vir polo espanto que produce a política económica do Goberno", sostén o voceiro de economía dos populares no Congreso.

Non están de acordo os sindicatos, que defenden a política empresarial do Executivo e critican a decisión da multinacional. Pepe Álvarez di que "é un Goberno que regou as empresas do noso país de maneira moi importante. Dicir que en España hai un problema de inseguridade xurídica a min paréceme absolutamente demencial". 

Dende Cepyme discrepan e denuncian unha desorde normativa que prexudica a actividade empresarial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade