Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os sindicatos ameazan con folgas se non hai acordo coa CEOE para subir salarios

Os sindicatos ameazan con folgas se non hai acordo coa CEOE para subir salarios

CCOO e UXT avanzan mobilizacións no outono se non se pecha un acordo este mes

As ministras de Emprego, Facenda, Igualdade e o de Consumo participan na manifestación de Madrid

O 1º de Maio, protagonista das mensaxes de precampaña

G24.gal 01/05/2023 14:31

Comisións Obreiras e UXT convocaron 73 manifestacións en todo o Estado. A máis multitudinaria foi a de Madrid, que se desprazou dende a Gran Vía ata a praza de España. Tres demandas dos sindicatos: subir salarios, baixar prezos e repartir beneficios.

Os líderes sindicais apelaron tamén á patronal, á CEOE: ou se pecha este mes un acordo marco de suba salarial ou haberá conflito. 

Unai Sordo, secretario xeral de CC. OO., avanza "xornadas de mobilización para o outono que acaben confluíndo nunha gran convocatoria de mobilización xeral, que tomará a forma de folga en todos aqueles sectores cuxos convenios colectivos estean inxustamente bloqueados". 

Pepe Álvarez, secretario xeral de UXT, advirte de "mobilizacións que sabemos cando e como empezan, pero non sabemos cando nin como van acabar".

Non só os sindicatos meten presión á patronal, tamén o Goberno. Yolanda Díaz reclámalles un acordo inminente. A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo asegurou que a CEOE "ten que estar á altura das circunstancias, ten que sentar e dicirlle aos traballadores do noso país que vai subir os salarios".

Tamén os socialistas agardan un acordo entre os axentes sociais para subir os salarios sen ter que chegar ás protestas. A ministra de Facenda, María Jesús Montero, asegura que, "como Goberno, evidentemente, queremos impulsalo dende a paz social". Na súa opinión, "estamos asistindo a récord de beneficios nalgúns sectores empresariais, é bo que eses beneficios se socialicen".

Catro ministros do Goberno participaron na manifestación de Madrid: a de Traballo, a de Facenda, a de Igualdade e o de Consumo, xuntos percorreron as rúas da capital neste Primeiro de Maio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade