CCOO e UXT convocan unha folga xeral de transporte por estrada en plena campaña do Nadal
CCOO e UXT convocan unha folga xeral de transporte por estrada en plena campaña do Nadal
O obxectivo é a regulación da xubilación anticipada dos condutores profesionais polo alto índice de sinistralidade
Serán inicialmente sete xornadas de paro, que comezarán o 28 de outubro e afectarán tamén ao Black Friday e á ponte de decembro
CCOO e UXT convocaron unha folga xeral no sector do transporte por estrada que empezará o próximo 28 de outubro e continuará noutros días sinalados para o transporte de mercadorías e de pasaxeiros como o Black Friday, a ponte de decembro ou mesmo durante o período do Nadal de forma indefinida.
Así o explicaron os representantes sindicais nunha conferencia de prensa convocada este luns en Madrid, na que explicaron que a razón desta folga é pedir a regulación da xubilación anticipada dos condutores profesionais. Denuncian a penosidade e perigosidade do seu traballo.
"Causa enfermidades, o envellecemento prematuro e a redución da esperanza de vida. Igualmente, o exercicio da profesión ven causando unha media de 120 persoas falecidas", explican en CCOO.
Ambos os sindicatos denuncian o "bloqueo sistemático" por parte do Goberno e as distintas patronais á reivindicación de adiantar a idade de xubilación dos condutores.
"Esta é unha reivindicación que vén facendo desde hai 20 anos e que vén bloqueando desde hai máis dunha década", argumentaron. De feito, o 7 de xuño concentráronse fronte ás portas do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
CCOO e UXT defenden a xubilación anticipada no sector polo alto índice de sinistralidade na estrada debido á alta idade dos condutores, sobre todo a partir dos 55 anos.