Publicador de contidos
Publicador de contidos

Miles de persoas maniféstanse en Galicia para esixir a suba de salarios

Miles de persoas maniféstanse en Galicia para esixir a suba de salarios

A protesta central de Comisións Obreiras e UXT en Galicia discorreu por Vigo e contou coa participación do líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso

A CIG manifestouse por separado, pero tamén levou a súa protesta principal as rúas de Vigo, onde estivo a líder do BNG, Ana Pontón

Manifestación da CIG en Vigo co gallo do Primeiro de Maio (EFE / Salvador Sas) Manifestación da CIG en Vigo co gallo do Primeiro de Maio (EFE / Salvador Sas)
G24.gal 01/05/2023 14:55

Miles de persoas maniféstanse en Galicia con motivo do Primeiro de Maio, convocadas por CC. OO., UGT e CIG, con actos centrais en Vigo e o foco posto na necesidade de subir salarios e de chegar a un pacto de negociación colectiva.  

Así o trasladaron os responsables galegos de UGT e CC. OO., que pediron á patronal que facilite ese pacto interconfederal para unha repartición xusta da riqueza, tendo en conta de que o propio Banco de España puxo de manifesto os beneficios das grandes corporacións. En caso contrario, advertiron, haberá mobilizacións xeneralizadas.  

Pola súa banda, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, constatou que a situación da clase traballadora é "crítica" pola perda de poder adquisitivo, sen que nin Goberno central nin Xunta adopten medidas. Por iso, fixo un chamamento á "mobilización" e a que este Primeiro de Maio sexa o punto de partida dunha loita que debe "ir a máis".

A protesta central de Comisións Obreiras e UXT en Galicia discorreu por Vigo. E contou coa participación do líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, quen puxo en valor os avances nos dereitos dos traballadores durante esta lexislatura.

Valoran a suba do Salario Mínimo, a redución da temporalidade ou os ERTE. pero din que aínda moito camiño por percorrer. Denuncian que dous de cada dez traballadores en España son pobres, un problema que se agrava coa suba de prezos. 
 

Os sindicatos esíxenlle ás empresas repartir beneficios e subir salarios. Dánse de prazo ata finais de maio para chegar a un acordo coa patronal, tal como manifestou o secretario xeral de UXT Galicia, José Antonio Gómez: "Facemos un chamamento a CEOE e Cepyme porque é imprescindible sentar a negociar xa, seria e claramente, un acordo interconfederal de negociación colectiva, que reparta a riqueza que se está xerando no noso país", proclamou, e advertiu de que, se non é así, "haberá conflito empresa a empresa, sector a sector, naqueles ámbitos nos que non se poida negociar".

Mentres, a secretaria xeral de CC.OO. Galicia, Amelia Pérez, tamén puxo de relevo "o traballo das organizacións sindicais" para conseguir melloras que redundan na vida da xente, aínda que matizou que "aínda queda traballo pendente". "De aí a lema deste ano: subir salarios, baixar prezos e repartir beneficios".  

Así mesmo, trasladou a súa esperanza de que haxa un "compromiso serio" por parte da patronal para subir salarios porque é "imprescindible", e engadiu que tamén debe abordarse a transformación do país cun punto de vista feminista, porque "a igualdade é transversal a todas as cuestións". 

Revisar o custo do despedimento ou buscarlle solucións aos mozos son outras das reivindicacións dun primeiro de maio que comezou con manifestacións e que vai rematar coa cita coas urnas.

A CIG manifestouse por separado, pero tamén levou a súa protesta principal as rúas de Vigo. Na marcha do sindicato nacionalista estivo a líder do BNG, Ana Pontón. quen advertiu da crise de prezos, que definiu como unha "estafa á maioría social", e cuestionou o pacto de rendas porque entende que non é xusto repartir o custo da inflación.

Co lema "Paremos o saqueo", a CIG mobilizouse en 15 cidades e vilas galegas para esixir "emprego, salarios e pensións dignas". A organización sindical maioritaria en Galicia convocou o seu acto central este mediodía en Vigo, onde centos de persoas protestaron pola suba de prezos e o aumento da desigualdade.
 

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, constatou que a situación da clase traballadora é "crítica" pola perda de poder adquisitivo, sen que nin Goberno central nin Xunta adopten medidas a pesar da carestía da vida e a "inflación galopante".  

 "Os salarios teñen hoxe un poder adquisitivo como o de 1996, mentres os beneficios no IBEX crecen 9 puntos", apuntou.   Por iso, fixo un chamamento á "mobilización" e a que este Primeiro de Maio sexa o punto de partida dunha loita que debe "ir a máis". Así, reclamou que, ademais da recuperación do poder adquisitivo, se poida "liberar a negociación colectiva do secuestro ao que a ten sometida a patronal"

A manifestación da CIG na Coruña partiu da praza de Vigo co foco posto na esixencia de xustiza salarial, pero tamén na perda de empregos no sector industrial da comarca. En Ourense a convocatoria foi na Praza Maior, mentres que en Cangas a concentración do sindicato está prevista para as seis desta tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar