O BNG aposta por mellorar o ensino en galego na infancia
O BNG aposta por mellorar o ensino en galego na infancia
Pontón considera que a nosa lingua vive unha "situación crítica", pero aínda é "reversible"
Reclaman que a cativada saia da educación obrigatoria tendo plena competencia lingüística nos dous idiomas
O BNG móstrase optimista cara á recuperación do galego. Aseguran que, malia que neste momento a nosa lingua vive unha situación crítica, aínda é reversible. Por iso presentan unha serie de medidas para a recuperación do seu uso, sobre todo entre a cativada, e que o Plan xeral de normalización da lingua galega conte cos recursos económicos necesarios para desenvolvelo. Esta mañá Ana Pontón abordou a situación coa presidenta do Consello da Cultura Galega.
A portavoz nacional do BNG defendeu "un novo decreto que regule o galego no ámbito do ensino, que permita que se cumpra o que di a Lei de normalización lingüística que é que todos os nenos e nenas saian da etapa educativa obrigatoria tendo plena competencia lingüística nos dous idomas. Hoxe non se cumpre no caso do galego. E hai estudos oficiais que o corroboran".