O BNG celebra en decembro a súa asemblea co reto de ser hexemónica en Galicia
O BNG celebra en decembro a súa asemblea co reto de ser hexemónica en Galicia
Ana Pontón asegura que o BNG non ten teito e debe ensanchar a súa base social
Críticas a Alfonso Rueda e Núñez Feijóo na reunión deste sábado do Consello Nacional
O BNG celebra o 1 de decembro a décimo oitava Asemblea Nacional co reto de darlle máis potencia á organización para converter o nacionalismo na forza hexemónica de Galicia.
Coa vista posta nas seguintes convocatorias electorais, a voceira do BNG, afirmou este sábado, na reunión do consello nacional, que seguirán traballando para darlle aos galegos o futuro que merecen fronte a unha Xunta, dixo, cada vez máis ultra e dependente de Madrid.
"Temos que contrastar a deslealdade con Galiza do goberno de Rueda reforzando o noso traballo político, na rúa e tamén nas institucións e usar toda a nosa capacidade de incidencia social e institucional para evitar que este goberno do PP hipoteque aínda máis o futuro das galegos e das galegas".