Cargando resultados...
CCOO e UXT reclaman medidas para acabar coa sinistralidade laboral
CCOO e UXT reclaman medidas para acabar coa sinistralidade laboral
Segundo as cifras dos sindicatos, a sinistralidade laboral aumentou máis dun 7 % no último ano en Galicia
G24.gal
26/04/2024 13:47
Comisións Obreiras e a UXT convocaron concentracións en distintas cidades de Galicia e España polo día mundial da seguridade no traballo, que se conmemora este domingo.
Segundo as súas cifras, a sinistralidade laboral aumentou máis dun 7 % no último ano en Galicia. No que levamos de 2024 houbo 12 falecidos en accidentes laborais, polo que reclaman medidas reais e urxentes para frealo.