Cargando resultados...
Falece un operario en Lalín por unha caída ao envorcar o seu guindastre
Falece un operario en Lalín por unha caída ao envorcar o seu guindastre
O accidente produciuse sobre as 14:40 horas na parroquia de Goiás
G24.gal
18/10/2024 16:28
Última actualización 18/10/2024 19:57
Un operario faleceu este venres en Lalín tras sufrir unha caída cando envorcou o guindastre sobre o que estaba, duns seis metros de altura, nunha vivenda na que estaba traballando.
Tal e como informou o 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as 14:40 horas no lugar da Igrexa, na parroquia lalinense de Goiás.
Ata o lugar trasladáronse efectivos do GES de Lalín, axentes da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil, así como os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Aínda que nun primeiro momento os servizos sanitarios comunicaron que se ía mobilizar un helicóptero medicalizado, finalmente foi anulado xa que o traballador faleceu no punto.