Publicador de contidos
Publicador de contidos

En estado grave os dous traballadores que sufriron queimaduras nun estaleiro de Ferrol

En estado grave os dous traballadores que sufriron queimaduras nun estaleiro de Ferrol

Están ingresados na Unidade de Queimados do CHUAC con queimaduras de terceiro grao

A Policía Nacional está a investigar este accidente laboral para tratar de esclarecer que foi o que pasou

G24.gal 04/10/2024 13:51

Os dous traballadores que quedaron feridos nun estaleiro da Graña, en Ferrol, están ingresados na Unidade de Queimados do CHUAC. Presentan queimaduras de terceiro grao e o seu prognóstico é grave, segundo o último parte médico das doce do mediodía.

O accidente laboral aconteceu contra as catro menos vinte da tarde deste xoves. Daquela, un particular chamou ao 112 alertando de que un operario sufrira queimaduras provocadas por un líquido e que o seu mono de traballo acabou prendendo lume.

Pouco despois, os equipos de emerxencias confirmaban que outro traballador tamén precisaba asistencia sanitaria polo mesmo motivo.

No operativo colaboraron Urxencias Sanitarias do 061, a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao e os axentes da Policía Local e da Nacional sendo estes últimos os encargados da investigación para tratar de esclarecer que foi o que pasou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade