Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un traballador en Cervo a quen lle caeu enriba a póla dunha árbore

Falece un traballador en Cervo a quen lle caeu enriba a póla dunha árbore

A vítima estaba cortando madeira cando lle caeu enriba parte dunha árbore

G24.gal 11/10/2024 14:56 Última actualización 11/10/2024 16:29

Un operario faleceu este venres en Cervo ao caerlle enriba a póla dunha árbore.

Segundo informa o servizo de emerxencias 112 Galicia, o sinistro produciuse en Santa María de Rúa, na estrada do encoro.

Segundo informa o xornal El Progreso, a vítima é un home de 63 anos que estaba cortando madeira cando lle veu enriba parte da árbore na que traballaba.

Foi persoal do servizo de Urxencias Sanitarias quen avisou ao 112 do accidente. Informaba de que se atopaba nunha zona de difícil acceso, lonxe da ambulancia, polo que solicitaba medios de apoio para o seu traslado.

De inmediato, o 112 mobilizou aos Bombeiros de Viveiro, ao GES de Cervo, á Policía Local e á Garda Civil.

Pouco despois, os sanitarios desprazados ao momento informaron de que trataron de reanimalo, pero o traballador falecera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade