Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un traballador en Arteixo ao caer dende oito metros de altura

Falece un traballador en Arteixo ao caer dende oito metros de altura

O sinistro ocorreu nunha coñecida empresa no Polígono de Sabón sobre as sete da tarde

Nave na que se produciu o accidente
G24.gal 04/10/2024 19:50 Última actualización 04/10/2024 22:27

Un home faleceu na tarde deste venres en Arteixo ao caer dunha altura de oito metros.

O sinistro ocorreu nunha nave da empresa metalúrxica Horta Coslada do Polígono de Sabón, en Oseiro, arredor das sete da tarde. 

Cando os servizos sanitarios chegaron á zona atoparon a vítima inconsciente pero xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.

No operativo, coordinado polo 112 participaron o servizo de urxencias do 061, Emerxencias de Arteixo a Policía Local e a Garda Civil. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade