O Goberno central promove as explotacións mineiras para buscar a súa autonomía
O Goberno segue as directrices marcadas por Europa no novo contexto xeopolítico
Os expertos advirten da importancia de aproveitar esta oportunidade
O Goberno central promove as explotacións mineiras porque considera que é o momento de buscar a autonomía dos recursos minerais e das materias primas críticas. Ambos esenciais para o desenvolvemento das diferentes industrias como a fabricación do vehículo eléctrico ou os microchips.
Entre os territorios a explotar está Galicia, onde hai identificados depósitos ricos en litio ou estaño. Pero a maior achega da comunidade céntrase nas enerxías eólica e hidráulica.
Neste sentido, os expertos recomendan acadar un consenso para desbloquear proxectos de grande importancia.
A produción de renovables, segundo os expertos, debería ser un dos incentivos para atraer a implantación de industrias que precisan dunha alta intensidade tecnolóxica.